Monday 13 de May de 2024

Máis de 2.000 persoas, no XVI Slálom Concello de Touro


 

As rúas de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, enchéronse  de público, máis de 2.000 persoas, para presenciar o XVI Slálom Concello de Touro. Participaron un total de 31 pilotos procedentes de toda Galicia, que cos seus coches percorreron un circuíto de 1,7 quilómetros. O sol animou a que os espectadores de toda a bisbarra de Santiagoacudisen á cita automobilística xa clásica. A maioría dos afeccionados que estaban hoxe en Touro eran mozas, que tamén particiaron na Festa dá Xuventude de Touro.

A proba é puntuable para o Campionato Galego de Slalom. A esta cita acudiu o piloto Iván Ares, actual campión Galego de Rallys2014, e Rubén Gandoy, líder do Campionato Galego de Slálom. Estes dous pilotos, xunto con Adrián Bouza, repartíronse os tres primeiros postos na rolda de adestramentos. Cando se envíó esta nota comezaba a primeira manga. Estaba previsto que a proba rematase en torno ás 19.30 horas.

Tamén participou o piloto Fernando Rico, que actualmente participa na Copa Suzuki. Da man do equipo Touro Motor competiron na proba automobilística automobilística tres pilotos locais: Iván MarequeCésar Garabatos e Martín Fernández. A proba disputouse en dúas mangas.